Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla sobre rescate de felinos e control das colonias

WhatsApp Image 2023-12-12 at 20.29.53

O responsable da protectora Animais Sen Fronteiras, Diego Díaz González, fai un chamamento a cidadanía para axudar na esterilización dos felinos, fundamental para controlar a poboación e protexer a fauna autóctona. De todo isto falará mañá, venres 15 de decembro, nunha charla informativa programada ás 19 horas da tarde na Casa da Cultura xunto co Concelleiro de Sostibilidade, Roberto Villar.

Ambos relatores falarán do programa piloto de rescate e control de especies do Concello de Redondela, das colonias felinas existentes na zona e da nova lexislación a través da interpretación e explicación da Lei de Benestar Animal. González explica que a xestión do Concello “é algo innovador que espera se expanda aos municipios da contorna”.

Desde o ano 2019 púxose en marcha o programa de castración das colonias felinas e tamén desde o pasado verán unha novidosa campaña de adopción en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente. Para que este plan municipal funciona precisan que a xente colabore, porque os recursos son limitados para chegar ata os  10.000 gatos en colonias nas rúas.

Os organizadores insisten en que “a esterilización dos animais é fundamental para controlar a poboación e ademais agora é unha obriga coa nova Lei de Protección Animal”. Ata o de agora o goberno local chegou a esterilizar 300 gatos e ten controladas unhas 40 colonias gracias ao método CER (Captura, Esterilización e Retorno), do que tamén falarán na charla deste venres.

A concellería de Sostibilidade pretende crear tamén unha rede de persoas voluntarias para controlar e alimentar as colonias, regular esta actividade e proporcionarlles o alimento, “xa que a día de hoxe hai xente que está a facelo pola súa conta e asumindo os gastos”.

Dende o Concello están traballado nese eido, pero sobre todo o que se busca é concienciar para que a veciñanza non abandone e adopte. Neste sentido xa se logrou a adopción dun total de 27 gatos, animais que foran abandonados e que acabaron en mans do concello quen se encargou de xestionar a súa saída de cara a familias responsables.

Esterilizar e promover a adopción son as dúas patas dun programa que busca controlar as colonias e garantir o benestar dos animais. Sobre todo isto falarán Roberto Villar e Diego Díaz na charla informativa programada para o venres 15 de decembro ás 19:00 horas da tarde.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará