Hoxe é Luns 9 de Novembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Encontros sobre autoestima e imaxe corporal na infancia na Escola Infantil San Pedro de Cesantes

cesnates infancia

A iniciativa da ANPA do colexio busca promover unha relación saudable coa propia imaxe desde as primeiras etapas da vida e previr a violencia estética. As sesións celebraranse os días 9 de novembro e 2 de decembro, de 16.00 a 18.00 horas e están abertas a calquera persoas interesada que poderá formalizar a inscrición a través do correo electrónico anpa.sanpedro@gmail.com.

A ANPA da Escola de Educación Infantil (EEI) San Pedro de Cesantes organiza dous encontros baixo o título «Autoestima e imaxe corporal na infancia: prevención temperá da violencia estética», unha iniciativa destinada a sensibilizar as familias sobre a importancia de fomentar unha percepción positiva do propio corpo desde a infancia. A actividade desenvolverase os días 9 de novembro e 2 de decembro, en horario de 16.00 a 18.00 horas, nas instalacións da EEI San Pedro de Cesantes.

O obxectivo destes encontros é abordar a importancia da autoestima e da construción da imaxe corporal durante os primeiros anos de vida, así como ofrecer ferramentas para previr a violencia estética desde idades temperás. A proposta pretende tamén implicar as familias na educación dos nenos e nenas, favorecendo contornas nas que se respecte a diversidade corporal e se eviten os estereotipos e as presións estéticas.

A iniciativa conta coa colaboración do Ministerio de Igualdade, a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, e da Xunta de Galicia, mediante a Consellería de Política Social e Igualdade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará