Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Radio

A Radio Municipal de Redondela nace no ano 2002 con vocación pluralista e comprometida coas xentes de Redondela e a comarca.

Como o medio de comunicación máis áxil, inmediato e económico RR tenta contribuír ao fortalecemento da conciencia cívica da xente, do seu espírito crítico e da condición de todos os cidadáns e cidadás, ofertando a todos os veciños, colectivos e movementos sociais, culturais e deportivos a posibilidade de acceder aos seu micrófonos.

RR achega contidos temáticos abordándoos dende o punto de vista e o interese local, e procuramos información interesantes esquecidas noutros medios de comunicación. Reflectimos a actualidade como é: plural, concedendo a voz a todas as opcións políticas e a todos os axentes e grupos sociais.

RR está pensada para todos os públicos e todas as idades. Elaboramos espazos que prestan atención a temas como o cine, as novas tecnoloxías, a ecoloxía, as viaxes, o deporte, a etnografía, a música. Recollemos ofertas para o tempo de lecer e convocatorias para todos e para todas.

RR é un altofalante, unha canle para as mensaxes e reivindicacións de colectivos locais de diverso tipo e intenta por o seu grao de area na procura da igualdade de xénero e da integración social, así como da necesaria promoción da lingua galega