Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Recanto do Corcovado

Dirixido e presentado por Lois Atanes, o Recanto do Corcovado procura construír sinerxias musicais plurais sen que o estilo ou o país de procedencia importen. Jazz, ritmos étnicos, canción de autor, folk, música tradicional, sons experimentais… todo pode encaixar nas escolmas do programa. O noso único criterio, discutible e subxectivo, é o da calidade. Nestes intres o programa postúlase ademais como unha ponte entre os países nórdicos e Galicia, adicándose á difusión das músicas que nestes intres se crean dende Finlandia ou Suecia.

En antena dende o ano 2001 na recentemente desaparecida Radio Ecca Vigo, sumámonos á grella de Radio Redondela para celebrar a nosa tempada número 17, sempre comprometidos coa difusión cultural e a liberdade musical. Benvidas, benvidos!

Emisión: sábado 11.00 ás 12.00 horas
Remisión: mércores 23.00 ás 00.00 horas

Máis O Recanto do Corcovado en:

https://www.facebook.com/ORecantoDoCorcovado/

https://twitter.com/corcovadomusica

Audios do programa á carta

PLAYTítuloPrograma / SecciónFechaprograma_hfilter