Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cancións para xordos

No mes de setembro do 2008 comezaba a súa andaina “Cancións para Xordos”. Media hora de música para aqueles que xa non lles queda máis remedio que facerse os xordos, fartos dos convecionalismos, das cancións mil veces escoitadas e emitidas.

Trinta minutos nos que poderedes atopar todo o referente a novas tendencias musicais no eido independente. Desde os grupos que están emerxendo na escena española a aqueles que se atopan a máis de dez mil quilómetros de distancia.

Novos disco, novos proxectos, cos que cada día tentamos sorprender a nosa audiencia, sen repeticións nin cortes publicitarios. Traballos que aínda non están a venda, que xa están descatalogados ou que rematan de saír son os protagonistas de Cancións para Xordos.

Desde o rock o pop, pasando polo funk o punk, o folk ou a new wave, teñen cabida en Cancións para Xordos. Unha selección de media hora de música, na que sempre descubrimos novos traballos.

Autor: Lorena Otero

Horario: Luns, Mércores e Venres 13.00 -13.30

Remisión 17.10 – 17.40

Audios do programa á carta

PLAYTítuloPrograma / SecciónFechaprograma_hfilter