Hoxe é Xoves 5 de Novembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha empresa solicita permiso para construír un parque eólico que afectará aos concellos de Redondela e Pazos

parque-eolico-edpr-1000x665

A Xunta somete a información pública o proxecto do parque eólico San Xinés, promovido por EDP Renovables España, que afecta aos concellos de Pontevedra, Ponte Caldelas, Soutomaior, Redondela, Pazos de Borbén e Vilaboa. O proxecto San contempla instalar catro aeroxeradores, unha subestación e unha liña de evacuación de case 15 quilómetros, cun investimento próximo aos 18,1 millóns de euros. A documentación, que inclúe o estudo de impacto ambiental, pode consultarse nas web dos concello de Redondela e Pazos. Os interesados poden presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de 30 días a partir de hoxe xoves.

O parque eólico San Xinés estará formado por catro aeroxeradores, cunha potencia nominal de 4,8 MW cada un. As máquinas terán un diámetro de rotor de 133 metros e unha altura de 100 metros. O proxecto inclúe tamén unha subestación colectora San Xinés, unha rede subterránea de media tensión para conectar os aeroxeradores coa subestación e unha torre meteorolóxica definitiva de 100 metros de altura.

A electricidade xerada no parque trasladarase ata a subestación existente de Pazos de Borbén mediante unha liña de alta tensión de 132 kV. Esta infraestrutura terá 74 apoios e unha lonxitude de 14,88 quilómetros no tramo aéreo, aos que se engadirán 116 metros soterrados.

O orzamento de execución material ascende a 14,57 millóns de euros para o parque eólico, 1,82 millóns para a subestación e 1,7 millóns para as infraestruturas de evacuación. En total, o investimento previsto rolda os 18,1 millóns de euros.

Os prazos estimados de execución son de sete meses para o parque e de doce meses tanto para a subestación como para a infraestrutura de evacuación.

O acordo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático somete a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, así como o estudo de impacto ambiental do proxecto.

As persoas interesadas poderán consultar a documentación técnica nas dependencias territoriais da Consellería en Pontevedra, nos concellos afectados e no portal web autonómico de exposición pública de proxectos de enerxías renovables. O prazo para presentar alegacións ou observacións será de 30 días desde o día seguinte á publicación do acordo no DOG.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará