Hoxe é Sábado 31 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chalecos reflectantes para esixir que a Deputación cumpra coa mellora da EP-2702

depu concentración

A Plataforma pola mellora da EP2702 retoma as mobilizacións. Un grupo de veciños e veciñas afectados polo estado no que se atopa a vía que une o Alto dos Valos con Amoedo achegáronse na mañá de hoxe a Deputación de Pontevedra para reivindicar e denunciar ante o pleno da institución provincial o seu malestar por unha obra que non avanza.

Lembran que os traballos para ampliar a estrada e mellorar o firme arrancaron hai xa meses coa retirada da árbores á beira do primeiro quilómetro da vía, único tramo no que está previsto acometer obras de ampliación e mellora malia que a Plataforma demanda que esa reforma afecte aos oito kilómetros de lonxitude da EP27-02. Con todo, denuncian que os traballos non avanzan e apuntan a dous motivos principais. Por unha banda que só se traballe algúns días na zona e tamén porque a empresa concesionaria destina a esta actuación tan só dous operarios, segundo explica un dos integrantes da plataforma.

Os participantes na protesta de hoxe saíron ás 10:10 horas da mañá en autobús dende a Casa do Concello e da Cultural de Nespereira con destino a Deputación. “Armados” con chalecos reflectantes os participan que queren así reclamar unha vez máis que se acometa unha obra que levan demandando dende hai décadas e que, malia as continuas promesas e compromisos da Deputación, continúa sen avanzar.

A actuación en marcha prevé ampliar o primeiro kilómetro da vía, dotándoa de carrís máis amplos e beiravías, así como melloras puntuais do trazado, renovación da capa de rodaxe, execución da rede de augas pluviais e de abastecemento e nova sinalización vertical e horizontal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará