Hoxe é Mércores 28 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco apoia que a pista da Xunqueira leve o nome de Gene Muíños, á espera da votación no pleno deste xoves

choco

A proposta de renomear a pista da Xunqueira como Gene Muíños chega ao pleno que se celebra este xoves no Multiúsos. A iniciativa parte do goberno local e conta co apoio de diferentes entidades entre elas o C.D. Choco quen trasladou o sua apoio a que a Pista da Xunqueira modifique o seu nome como homenaxe a unha persoa que realizou unha importante achega ao deporte e á formación de moitas xeracións da nosa vila.

O club deportivo salienta a figura de Gene Muíños “persoa cunha vinculación moi estreita co Choco” lembrando que como adestrador da entidade, traballou arreo polo seu desenvolvemento e crecemento, implicándose na formación dos xogadores e na consolidación do club como unha entidade deportiva de referencia en Redondela. O seu compromiso, dedicación e maneira de entender o fútbol deixaron unha pegada importante na historia do C.D. Choco.

Lembran tamén que a súa relación co deporte estivo tamén moi ligada á súa profesión de profesor así como un dos seus legados indiscutibles e directamente vinculados coa Xunqueira como foi a creación do Mundialito, torneo que se celebra durante os meses de xullo e agosto e que, co paso dos anos, adquiriu un gran arraigo deportivo e social en Redondela. Unha iniciativa que converteu este espazo nun punto de encontro para deportistas, familias e afeccionados e que continúa formando parte da vida deportiva da vila.

Por este motivo, conclúe a directiva do Choco “entendemos que a proposta de que a Pista da Xunqueira leve o seu nome ten un significado especial. A súa relación con este espazo e co deporte local é directa, do mesmo xeito que o é a súa vinculación co C.D. Choco, polo que este recoñecemento permitiría unir nun mesmo lugar boa parte da memoria deportiva á que Gene dedicou tantos anos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará