Hoxe é Venres 23 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Escola de Baloncesto Illa de San Simón preséntase oficialmente con 125 integrantes

baloncesto

A Escola de Baloncesto Illa de San Simón preséntase de xeito oficial o vindeiro domingo, 25 de outubro, ás 18:00 horas nun acto que se vai desenvolver no pavillón do IES Mendiño. A presentación contará con xogadoras do Celta Femxa Zorka, así como os integrantes de todos os equipos e o corpor técnico que forman parte do club.

 O proxecto, posto en marcha por máis dun cento de familias do concello e da súa contorna, botou a andar este outono cun total de 125 integrantes que van xogar nas distintas categorías. Despois de moitos meses de traballo, a escola conseguiu estar presente en todas as franxas de idade dende babys a cadetes, e conformar o 8M, un equipo de mulleres dispostas a aprender baloncesto case dende cero.

Na gala tamén participan varias entidades colaboradoras, representantes institucionais e convidadas de excepción, xogadoras do Celta Femxa Zorka, que lle van entregar á directiva o primeiro balón do club.

A escola quere aproveitar a ocasión para darlle visibilidade a dous colectivos sociais que traballan pola inclusión en Redondela: Lenda saúde mental, e Andaina, que atende a diversidade funcional. O logo de ambas as dúas asociacións, implicadas na iniciativa dende o comezo, loce na vestimenta.

Ademais, haberá foto oficial, música, actividades, agasallos e a estrea da mascota do club, Choki, que dende o inicio está presente nos adestramentos, nos partidos e nos eventos importantes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará