O evento «Do mar á mesa» está enmarcado no proxecto Manxares do Mar do concello de Soutomaior e do GALP Ría de Vigo-A Guarda. Celébrase este mércores 28 de outubro de 2026 no Multiúsos de Arcade con entrada de balde ata completar o aforo.
A actividade arrancará ás 9:30 horas e ten como obxectivo poñer o foco en peixe e produtos menos coñecidos pero de gran valor gastronómico e nutricional para aliviar a presión sobre as especies máis demandadas.
A xornada inclúe obradoiros e charlas sobre pesca artesanal, cociña innovadora, turismo sostible e patrimonio mariñeiro e inclúe unha degustación final de produtos da ría.
Unha actividade que se desenvolverá no multiusos de Arcade ata as 13:00 horas con entrada de balde.









