Hoxe é Luns 26 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Propoñen poñer o nome de Gene Muíños á pista da Xunqueira

484559446_964166335890620_8413210530670073893_n

A iniciativa, promovida dende o goberno local, conta co apoio de numerosas entidades deportivas do municipio co obxecto de render homenaxe a unha das persoas fundadoras do Mundialito da Xunqueira. A proposta pasará polo pleno que se celebra exte xoves no Multiúsos.

A Pista da Xunqueira pasará a denominarse oficialmente pista “Generoso Muíños Reboredo” no caso de que a proposta saia aprobada por maioría no pleno do vindeiro xoves. A proposta chegou ao Concello grazas á iniciativa de Héctor Quijeiro, veciño moi vencellado ao mundo do fútbol local, e recolleu o apoio de numerosas entidades e clubs deportivos de todo o municipio. A iniciativa busca recoñecer o agradecemento de toda a vila a unha figura clave no desenvolvemento e dinamización do deporte afeccionado e comunitario.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, subliñou que dar o nome de Generoso Muíños a este espazo supón un recoñecemento “máis que merecido a unha vida de entrega altruísta ao deporte local e, moi especialmente, ao fútbol sala”. Muíños foi un dos grandes promotores do histórico Mundialito de Fútbol Sala da Xunqueira, unha competición que transcendeu o puramente deportivo para converterse nun dos maiores eventos sociais do verán redondelán, e que este ano celebrou con éxito a súa 42º edición e que en cada edición reúne “a centos de rapaces e adultos que atopan neste torneo un punto de encontro, saúde e valores compartidos”

A proposta agarda contar co apoio unánime do resto dos grupos da corporación no pleno ordinario deste xoves. Con este bautizo oficial, o Concello quere asegurar que o legado deportivo de Gene Muíños permanece visible para as futuras xeracións no mesmo corazón onde se fraguou a historia do Mundialito.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará