Hoxe é Venres 6 de Novembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os magostos protagonizan as citas festivas en Cabeiro e Chapela

masgosto

A tradición do magosto será protagonista esta fin de semana en Redondela con varias propostas que combinarán gastronomía, música tradicional e cultura popular para celebrar unha das festas máis arraigadas do outono galego.

O sábado 7 de novembro, o Centro Cultural de Cabeiro organiza o seu Magosto Popular, unha xornada que comezará a partir das 18:00 horas e na que non faltarán as castañas asadas, os chourizos e o viño tinto novo.

A música tradicional terá un papel destacado durante toda a tarde e noite, cunha ampla programación de actuacións na que participarán Gaitas O Carballo das Cen Polas, Gaitas Xa Comín, Gaitas Beretes de Cidadelle, Pandereteiras Terra Meiga do Viso, Acordeóns Algareiros de Cidadelle, Gaitas Tirapuxa de Trasmañó, Pandereteiras Ghandainas e o Coro Música Tradicional de Cidadelle.

As castañas serán tamén as protagonistas na parroquia de Chapela, na nave da Senda Verde, na antiga estación, onde se celebrará outros magosto o sábado a partir das 19:00 horas organizado pola Asociación Froles Mareliñas. A proposta contará coas actuacións de Carballo das Cen Polas, Sete Cuncas e dos grupos de Froles Mareliñas. Xa a partir das 23:00 horas, a festa continuará cunha foliada popular amenizada por DJ Rodri Vegas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará