Bea Campo de Migallas Teatro será a encargada de dirixir esta sesión de contacontos que se celebra o vindeiro domingo 8 ás 18:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Estará acompañada por Miryam Cortizo que lle porá música aos contos. A actividade, organizada pola Federación de Anpas de Redondela, ten como obxectivo promover a igualdade e contribuír á eliminación dos estereotipos e roles de xénero desde a infancia.
A pequena Violeta é unha apaixonada das aventuras. A través da súa maleta de libros e de historias protagonizadas por mulleres valentes, as crianzas descubrirán contos que cuestionan os estereotipos tradicionais e transmiten valores de liberdade e respecto. A sesión contará coa música en directo de Myriam Cortizo, que acompañará a narración e dará vida ás historias, nunha tarde pensada para gozar da cultura, do lecer e da diversión en familia.
A actividade forma parte das actuacións impulsadas pola Federación de ANPAS de Redondela para promover a sensibilización en igualdade e promover valores como o respecto e a igualdade dereitos e oportunidades, achegando ás familias propostas educativas e culturais que contribúan a construír unha sociedade máis igualitaria desde as primeiras idades.
A entrada será de balde, pero será necesario reservar praza previamente a través de WhatsApp no número 651 614 830. Esta iniciativa está financiada pola Dirección Xeral de Promoción da Igualdade









