Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela mantense como cuarto concello por poboación da provincia de Pontevedra

poboación

Foto: INE

Tampouco hai novidade en canto ao seu posicionamento no ranking dos concellos galegos, manténdose como a localidade número 15 en canto a número de veciños e veciñas censados. Na provincia de Pontevedra tan só hai tres concellos con maior poboación. A cidade de Vigo (294.910 habitantes) a propia capital da provincia con 82.592 e o concello de Vilargarcia que conta con 37.721 veciños. Redondela con 28.987 veciños diminúe lixeiramente o número de habitantes con 101 menos, afastándose da cifra dos 30.000.

Galicia conta con cerca de 313 concellos. A localidade máis poboada segundo os datos oficiais do último censo de poboación publicado polo Instituto Nacional de Estatística (INE) é a cidade de Vigo que volve medras (+1.406) situándose en 294.910, seguida de a Coruña que suma un número importantes de censados respecto ao ano pasado (+2.913) situándose en 247.350 e Ourense qu conta con 104.187 veciños. Nese ranking ocupa o cuarto lugar Santiago, seguida de Lugo, Pontevedra, Ferrol, Narón, Oleiros e Vilagarcía, décima por poboación.

Hai que desprazarse ata o posto decimoquinto para atopar a localidade de Redondela que perde poboación e se sitúa nos 28.987 veciños.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará