Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiros para público infantil e adolescente no Nadal

espazoxove

O espazo “Redondela Xove” no Multiúsos acollerá obradoiros diversos orientados a mozos e mozas a partir de 13 anos nos que se impartirán clases de defensa persoal, manga, origami, xadrez e cursos de primeiros auxilios. Os máis cativos, nenos e nenas de 3 a 12 anos poderán participar en clases de cociña, contacontos, manualidades, música e xogos de risoterapia nos Mulitúsos de Redondela e Chapela entre os días 26 de decembro e o 4 de xaneiro en horario de 17.00 a 19.00 horas.

A rapazada de Redondela contará con diversas actividades para as vacacións escolares de Nadal, con obradoiros do 26 de decembro ata o 4 de xaneiro en horario de tarde. Como principal novidade este ano a Concellería de Xuventude inclúe obradoiros dirixidos especialmente á mocidade a partires dos 13 anos. Estas actividades realizaranse no local habilitado no Multiúsos da Xunqueira, o Espazo Redondela Xove. O obxectivo é “ofrecer un lugar de encontro e de lecer para os máis novos, con actividades que lles resulten atractivas e poidan reunirse para gozar dun ocio saudable”, sinala o concelleiro Iván Valles. A sala estará aberta a partires do próximo día 22 de decembro, e ao longo de todo o ano a mocidade terá neste espazo un lugar propio onde poder reunirse, con xogos de mesa, futbolín e outras actividades. Nas vacacións de Nadal, do 26 de decembro ao 4 de xaneiro, desenvolveranse obradoiros de Defensa Persoal, Origami, Manga, Xadrez e outras sorpresas en horario de 18.00 a 21.00 horas. De cara ao vindeiro ano seguirán a organizarse actividades neste Espazo Redondela Xove, “e os propios mozos e mozas poderán participar na elaboración da programación achegando suxestións sobre as actividades que lles gustaría realizar” explica a alcaldesa Digna Rivas.

Os obradoiros para nenos e nenas desde os 3 e ata os 12 anos de idade realizaranse tanto no Multiúsos da Xunqueira como no do Piñeiral de Chapela entre os días 26 de decembro e o 4 de xaneiro en horario de 17.00 a 19.00 horas. Entre as actividades destacan as clases de cociña, sesións de contacontos, manualidades, música e xogos de risoterapia entre outras sorpresas. Os monitores fomentarán o traballo en equipo dun xeito lúdico, favorecendo a participación de todos os nenos e nenas adaptándose ás idades e necesidades dos grupos. Os obradoiros, organizados polas concellerías de Cultura e Infancia, ofrecen así unha alternativa de ocio para os máis pequenos, á vez que as familias poderán facer as súas xestións ou compras de Nadal con maior tranquilidade. Estas actividades en horario de tarde compleméntanse cos obradoiros Concilia Nadal que se organizan en horario de mañá nas diferentes parroquias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará