Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O catastro revisará o valor das parcelas urbanas de Soutomaior

soutomaior

O Concello habilitará unha oficina de información para que os veciños e veciñas que así o requiran poidan resolver as súas dúbidas e presentar alegacións en canto comecen a chegar as notificacións nas que lles notifiquen o incremento das tarifas, como consecuencia do cambio daquelas parcelas rústicas que pasaron a ser urbanas coa aprobación do PXOM en 2017.
A Dirección Xeral de Catastro vén de notificar ao Concello de Soutomaior que prepara unha revisión nas parcelas do municipio. O procedemento é consecuencia do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) aprobado polo PP en solitario no ano 2017 e no cal se incorporaron novos terreos urbanos que ata ese momento estaban considerados como rústicos, o que supón que os seus propietarios terán que afrontar novas tarifas.
Explican dende o Concello que se trata dun procedemento que xa se levou a cabo noutros concellos veciños, como Vilaboa, Baiona e Salceda de Caselas onde se aprobaron Plans Xerais nos últimos anos e que é unha medida allea a administración local e que depende única e exclusivamente da Dirección Xeral de Catastro “que xorde como consecuencia da aprobación do PXOM por parte do anterior goberno”.
Neste sentido, o alcalde Manu Lourenzo asegurou que “dende o goberno se poñen a total disposición dos veciños e veciñas que vaian verse afectadas por este procedemento e que se vai habilitar unha oficina de información en dependencias municipais para que os veciños e veciñas que así o requiran poidan resolver as súas dúbidas e presentar alegacións se así o consideran en canto comecen a chegar as notificacións”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará