Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiros no Mercado de Abastos para un Nadal máis saudable

mercado de abastos

A bióloga e terapeuta Rosana Alonso é a encargada de impartir estes obradoiros que se van desenvolver nas vindeiras semanas e nos que se abordarán cuestións vencelladas coa alimentación e a saúde. A inscrición debe facerse no teléfono 655979083 e os participantes aprenderán a facer pans sen gluten, sobremesas de Nadal e elaborar un botiquín natural.
A primeira das cita será este venres en horario de 10:00 a 12:30 e repetirase no mesmo horario o sábado 23. Un taller no que se explicará como crear un botiquín natural que nos servirá para resolver problemas de pel, intestinais, queimaduras, esguinces… plantas e alimentos naturais que poden servir para curar pequenas doenzas botando man do aloe vera, o aceite de coco ou outras alternativas naturais.

A seguinte das propostas está pensada para aquelas persoas que queiran aprender a elaborar pan sen gluten. Neste caso as alternativas son moi variadas: pan de arroz, de trigo sarraceno de sementes ou pans enriquecidos con figos e dátiles. Insiste Rosana en que se trata de pan elaborados “sen fariñas e sen levaduras, que dan como resultado un produto nutritivo ideal para almorzos e tostas”.

A última das propostas o día 22 de decembro permitiranos contar neste Nadal con sobremesas apetitosas pero que foxen dos doces que atopamos nos supermercados: turróns de chocolate, de améndoas, polvoróns ou bombóns sen azucres e versións tradicionais que poderemos facer na casa e adaptalos ás necesidades e os gustos de cada un.

Lembra Rosana Alonso aos participantes que poderán levar ao remate da cada taller tanto un pan como algunha das sobremesas que se prepare no último dos obradoiros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará