Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha condutora atropela un xabaril na N-555

xabaril

Un xabaril foi atropelado hai tres meses no Muro

A muller resultou ilesa e o vehículo non sufriu danos importantes pero o animal, que foi atropelado ao redor da medianoite, faleceu a consecuencia do impacto. Os feitos tiñan lugar este luns no kilómetro 1 da N-555 estrada que une Redondela co aeroporto de Peinador e supón un novo incidente nas estradas do concello protagonizadas por estes animais que cada vez é máis común atopar en vías urbanas.

Atropelos ou avistamentos de xabarís están a ser xa unha constante na nosa bisbarra. Hai tan so unha semana un grupo de catro animais eran “escoltados” por un vehículo da policía local que os conducía cara a zona da Portela logo de atopalos no casco urbano paseando polo rúa Ernestina Otero. Tamén recentemente era atropelado outro exemplar na zona do Muro e na parroquia de Cedeira non é extraordinario ver algún destes animais cruzando a N-552. Todo apunta a que se desprazan a zonas urbanas procedentes dos montes próximos na procura de comida.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará