Hoxe é Mércores 15 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Arealonga cre no fútbol sala feminino

WhatsApp Image 2023-12-12 at 03.18.46

Uxía, Erea e Nerea do Arealonga FS proclámanse campioas galegas coa Selección de Vigo ao gañar o Campionato Galego de Seleccións Comarcais na categoría Infantil Feminina. O día 6 participaron na Fase Previa celebrada en Marín onde demostraron superioridade ante Santiago, Pontevedra e Ourense. Clasificáronse de primeiras para a fase final celebrada en Narón, onde xogaron contra o Ferrol nun partido emocionante que resultou nun empate (3-3) e que rematou nunha vitoria para as de Vigo na fase de penaltis.

A directiva móstrase moi orgullosa ante estes logros da canteira porque “creen no fútbol sala feminino” e así o demostran dende fai 20 anos cando comezaron coa primeira equipa feminina de alevín”. O presidente e adestrador, Iván Vázquez, confesa desexar que o club continúe sendo “un referente no fútbol sala feminino”. O Arealonga comezou a tempada 2023/24 cun total de 16 categorías, desde biberóns ata sénior, con equipos tanto masculinos como femininos.

O de Chapela é un club que se define como “formador” e no que prestan moita atención a canteira con valores deportivos que inculcan dende o primeiro momento. Entre estes valores Vázquez destaca “o compañeirismo, a deportividade e o esforzo, sempre primando a diversión”.

A equipa sénior feminina tivo unha reconstrución. Pasaron de xogar a nivel local e provincial a xgar en Primeira Autonómica gracias tamén a achega de deportistas novas e con ganas. O seu obxectivo é asentarse na categoría e saír da zona de descenso.

Do 26 ao 30 de decembro, nos pavillóns de Chapela e Cabeiro, organizan unha xuntanza deportiva solidaria a través do xa coñecido Torneo Solidario Cabeiriño onde participan as categorías base.  Cada xogador deberá aportar 2 kilos de alimentos non perecedoiros que posteriormente o club doará a Cáritas Redondela.  Estas próximas semanas de nadal irán anunciando moitas sorpresas como unha visita do Papá Noel de Arealonga ou un mini-torneo para nais e pais dos socios.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará