Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Falece aos 98 anos o empresario Adriano Marques de Magallanes, viuvo de Rita Regojo

marues magalanes

Acto de doazón das pezas de Sargadelos ao Concello de Redondela no 2017

O empresario, diplomático e exdeputado do PP foi fundador e presidente da empresa téxtil Partenón (Sagres, S.L.) con sede en Redondela. No 2019 recibiu a Gran Cruz da Orde do Mérito Civil polo seu traballo durante máis de 50 anos como cónsul de Ecuador en Galicia. A misa funeral será este mércores ás 16:00 horas na Igrexa de Santiago de Redondela e a continuación realizarase a condución ao cemiterio de pereiró.
Nacido na localidade portuguesa de Melgaço en 1925, estableceuse en Redondela ao casar con Rita Regojo, fundadora da oenegé Aldeas Infantiles, falecida en 2011. Marques presidía a empresa Pantenón, que fundara no ano 1958 e que a día de hoxe ten unha importante proxección nacional e internacional.
Dende o PP local lamentan o falecemento “dunha persoa moi querida e admirada en Redondela, quen sempre amosou o seu cariño por esta vila, á que donou a súa valiosa colección de cerámica de Sargadelos”, tal e como recollen nas súas redes sociais.
Amante da arte e con grandes amigos no mundo da cultura interesouse tamén activamente pola política presidindo o Partido Popular de Galicia entre os anos 1982 e 1987. Foi vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra na década dos 80 e concelleiro de Vigo así como deputado provincial, nacional e senador polo PP. Dende o ano 1965 era cónsul xeral da República do Ecuador.
Adriano Marques de Magallanes tivo outros recoñecementos como a Cruz ao Mérito Naval con Distintivo Blanco, a Encomienda de Número de la Orden de Isabel la Católica, Comendador da Orde Infante Don Enrique Portugal, Comendador da Real Orde de Nuestra Señora de Vilaviçosa e Gran Cruz da Orden ao Mérito Nacional Ecuador, entre outros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará