Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior lanza unha enquisa para coñecer as prioridades da cidadanía para “transformar o concello”

2021120210164999497 (2)

O cuestionario é anónimo e as persoas que o desexen poden participar no mesmo achegando as súas opinións en canto ás prioridades de actuación de cara ao 2030. Unhas achegas que o goberno local se compromete a ter en conta á hora de elaborar a súa Axenda Urbana e Rural que está a preparar xunto cun equipo técnico de ampla experiencia dirixido por Luciano Alfaya, de cara a optar ás axudas dos fondos europeos dos próximos anos.

Na enquisa solicítase opinión sobre os principais retos e desafíos aos que debe enfrontarse soutomaior de aquí ao ano 2030 en diferentes ámbitos estratéxicos e favorecendo a súa inclusión nas axudas europeas que se convoquen nos vindeiros anos.

Así, os participantes poderán dar a súa opinión en cuestións económicas e sociais votando por diferentes iniciativas (Promover a ubicación e consolidación de proxectos industriais, potenciar as actividades e negocios orientados ao Camiño de Santiago e ao turismo, apoiar ás empresas, cooperativas, emprendedores que apostan polo sector primario ou crear novos programas de emprego e diversificación da oferta de servizos, entre outras). Tamén poden elixir entre as opcións propostas un incremento nas políticas sociais e no apoio a colectivos vulnerables ou que se facilite o dereito á vivenda a través de políticas públicas.

En canto as novas texnoloxías e a gobernanza hai tamén diversas opcións: Impulsar a administración electrónica e dixital, facilitando a comunicación online co concello, promover a capacitación tecnolóxica nos eidos da educación, a empresa e a sociedade en xeral, fomentar a participación cidadá na xestión cotiá do Concello, etc.

Xa nos aspectos urbanísticos as propostas pasan por fomentar a mobilidade sostible impulsando  sendas peonís e ciclables seguras, mellorar o espazo público destinado ao peón, mellorar a conectividade entre as zonas rurais e os núcleos urbanos do termo municipal ou implementar medidas destinadas á redución, calmado de tráfico, nos puntos e accesos de circulación mais conxestionados.

Os datos recollidos neste proceso de participación cidadá servirá para elaborar as liñas estratéxicas da Axenda Urbana e Rural que servirán de base para a definición das actuacións recollidas no Plan de Acción e facilitará a obtención de axudas europeas nos vindeiros anos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará