Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha parella intenta pagar con billetes falsos as súas consumicións nun bar de Redondela

la colonial

Os feitos foron denunciados na tarde de onte na Policía Local. Os propietarios da cafetería La Colonial do Muro alertaron da presenza no seu establecemento dunha parella de mozos que tentara pagar con billetes falsos no local. Ata o lugar desprazouse unha patrulla pero unha vez alí os individuos que tentaran realizar a estafa xa non foron localizados.

Ante o risco de que esta situación se poida repetir pídeselle aos comerciantes e hostaleiros que sexan precavidos e que poñan en coñecemento da policía calquera incidente semellante.

Como identificar se un billete é falso

O Banco de España recomenda tres pasos para defendernos dunha falsificación mediante o método “toque, mire e xire”. Así, o primeiro que debe facerse é tocar o billete xa que poderemos apreciar o relevo do debuxo e da cifra que indica o valor do mesmo así como das liñas curtas que se atopan nos laterais.

A continuación deberemos ver o billete ao trasluz e cunha simple ollada observar varios elementos de seguridade: a marca de auga atópase no espazo en branco do billete e é visible en ambas caras.

Por último haberá que xirar o billete xa que segundo explican dende o Banco de España o retrato de Europa, o motivo principal e o valor do billete incorporados no holograma, móstranse sobre un fondo multicor que produce diferentes efectos visuais ao inclínalo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará