Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A obra do IES Pedro Floriani conta con 1,9 millóns de euros para a creación de novas aulas

thumbnail_20231211VisitaRedondela1

A Xunta de Galicia investirá máis de 2,5M€ para levar a cabo melloras en centros educativos de Redondela. A actuación máis grande será no IES Pedro Floriani  onde destinarase 1,9M€ para ampliar o centro en máis de 700m2 e dotalo de novos espazos e servizos. As actuacións restantes están dirixidas a facer melloras sectoriais. Así, o Colexio Reboreda contará cun investimento de 320.000€ para cambiar a carpintería exterior do centro e no caso do Instituto de Mendiño, destinaranse máis de 250.000€ para dotar ao centro dunha nova caldeira de biomasa.

O responsable autonómico de Educación, avanzou na súa visita a Redondela, que a Xunta publicará antes de final de ano as licitacións destas obras que permitirán “mellorar as infraestruturas para adaptalas ás novas demandas educativas e sociais” en liña co Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica.

Dende a directiva do IES Pedro Floriani expresan a súa satisfacción por ver cumprida “a petición de novas aulas que levan anos solicitando pola crecente demanda de Formación Profesional”.  Concretamente neste centro, teñen un FP Básico paralizado por non ter onde impartilo.

O proxecto complétase coa substitución das cubertas do centro. Un total de 2830 metros de superficie feito no seu momento con revestimento de amianto, un material que na actualidade considerase tóxico e que, segundo a arquitecta encargada, “foi unha das prioridades no desenvolvemento da reforma”.

O resto de actuacións nos institutos redondeláns complétanse co cambio de carpintería exterior do Colexio Reboreda que contará cun investimento de 320.000€ para substituír, entre outras cousas, todas as ventas do centro. En total cambiaranse 169 unidades o que permitirá mellorar a eficiencia enerxética e o confort do edificio. A directora do C.E.I.P. de Reboreda considera que despois de arranxar a carpintería o seguinte paso para mellorar as instalación sería “dispoñer dun ascensor para o alumnado con necesidades específicas por mobilidade reducida”.

En canto ao prazo de execución, contan con comezar en primavera e que a obra do Floriani este rematada para o inicio do curso 2025/2026, por ser esta a de maior envergadura. Nas outras dúas actuacións menores o prazo será de menos dun ano. En ningún caso paralizarase a actividade educativa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará