Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior volve saír á rúa tras un ano sen pediatra

arcade saúde

A veciñanza de Soutomaior concentrarase o vindeiro 15 de decembro ás 20:00 horas para esixir á Xunta que dote de máis persoal sanitario o centro de saúde de Arcade, con especial énfase no servizo de Pediatría. A concentración, convocada polo BNG da localidade, terá lugar ás portas do centro sanitario e chega precisamente despois de que se cumpra un ano sen contar con este especialista en Soutomaior.

O centro de saúde de Arcade conta unicamente con tres médicos, o que provoca que os tempos medios de agarda para unha cita médica sexan de 10-11 días ou que non se atendan as urxencias pediátricas. Isto obriga aos pais e nais a levar aos seus pequenos a Pontevedra para ser atendidos. Unha situación que nesta época do ano vaise agravar “xa que tanto os nenos e nenas como os nosos maiores son dous dos grupos máis vulnerables ás enfermidades víricas durante o inverno” subliñan dende o BNG, formación que pide que se adopten xa solucións definitivas á falta de médicos de Atención Primaria e de Pediatría.

O responsable local do BNG, José Costas, lembrou que a súa formación vén de presentar unha emenda aos orzamentos da Xunta en 2024 para que se dote de máis persoal sanitario o centro de saúde de Arcade, e sinalou que “a veciñanza sairá novamente ás rúas para reclamar os seus dereitos despois de que a Xunta obviase as numerosas queixas dos veciños e veciñas e as peticións do BNG para buscar unha solución a esta situación”. “A Xunta non pode seguir aplicando os seus recortes na sanidade, sobre todo cando estes van contra dous dos colectivos máis vulnerables do noso concello, os nosos pequenos e os nosos maiores”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará