Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR Rodavigo recupera a senda do triunfo

sar verónica

Foto: Patri Rivas

As mozas da SAR xogaban na bomboneira e brindáronlle un triunfo á súa afección tras importe ao equipo rival procedente da localidade asturiana de Siero. Vitoria reparadora que lles achega ánimos apra desprazarse ao campo do Valladolid nesta fin de semana.

Sar Rodavigo 32- 25 Balonmano Siero

As mozas da SAR dominaron o partido de principio a fin e non deron oportunidade ás asturianas de colocarse pro diante no marcador. Cunha vantaxe mínima de tres goles durante todo o partido agrandarían por momentos esa distancia ata chegar a o final cunha vitoria clara. Situadas na metade da táboa na vindeira semana xogan no campo do Valladolid.

Non houbo competición na Primeira Autonómica que regresa esta fin de semana. O balonmán Chapela recibe no pavillón municipal Manuel González Soto a un rival directo, o Valinox Novás mentres que a SAR Plastic Omnium, situados nunha cómoda terceira posición, reciben na bomboneira ao Granitos Ibéricos Carballal, pechacancelas do grupo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará