Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Rondalla, Circo de Pulgas e Braava! únense para o concerto de Nadal de Lenda

lenda

Un ano máis a Asociación Lenda por a venda as entradas para o seu concerto de Nadal no que contará coa participación de tres formacións musicais vinculadas a Redondela e comprometidas co tecido social: A Rondalla, Circo de Pulgas e Braava Band. Tres agrupacións que se subirán ao escenario o venres 29 de Decembro ás 20:30 horas no Multiusos da Xunqueira.

As entradas de carácter benéfico teñen un prezo de 5 euros e poden retirarse xa en venda anticipada no Café da Vila, reservándose un 10% do aforo para a venda no mesmo día da actuación no propio Multiúsos.

Un concerto no que se escoitará o repertorio clásico da Rondalla con 30 voces masculinas que interpretan temas dos anos 50 e incluso máis antigos, a agrupación tamén redondelá Circo de Pulgas e a banda “Braava!” un proxecto musical de temas versionados que teñen marcado a varias xeracións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará