Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela non se beneficiará das rebaixas da PassVigo tras rexeitar o TSXG o recurso presentado polo Concello

passvigo

A sección terceira da Sala do Contencioso-Administativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou as pretensións dos concello de Redondela e Mos relacionados coa tarxeta PassVIgo. Ambos concellos presentaran un recurso contra a esixencia do Concello de Vigo de requirir estar empadroado na cidade para poder acceder a unha tarxeta que bonifica as viaxes no bus urbano vigués.

O Tribunal Superior considera que o litixio interposto polo Concello de Redondela é inadmisible por non ter impugnado os acordos municipais do 2014 e 2017 sobre a pass Vigo. Alega así unha cuestión de forma para desestimar o recurso malia concluír que é discriminatorio que unha persoas paguen máis ou menos que outras en razón al lugar onde están empadroadas.

No caso de Mos, o TSXG estima que este concello non ten lexitimación para demandar como prexudicado polo feito de que o Concello de Vigo requira estar empadroado na cidade para obter descontos. Lembra neste sentido que o ente local carece de competencias para “defender os intereses dos seus veciños nas súas relacións persoais, pois a lei “tan so faculta ao municipio para xestionar os seus propios intereses, para o cal pode promover actividades e prestar servizos públicos que satisfagan á comunidade veciñal, o que on é o caso de exercitar acción en defensa dalgún grupo de veciños”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará