Hoxe é Domingo 28 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fiare presenta a súa banca ética en Redondela

Charla Fiare Redondela

Combinar a rendibilidade económica cos beneficios sociais e ambientais é o obxectivo desta entidade financeira que ofrece os mesmos servizos que a banca convencional pero tendo como guía un código ético que se fundamenta na transparencia, na democracia e a participación. Unha entidade que financia proxectos da economía social e medioambientais e onde os socios teñen voz e voto. O martes, 27 de outubro, preséntanse no Multiúsos da Xunqueira, ás 20.00 horas.

Manuel Adame, Fiare. Coloquio informativo en Redondela

A cooperativa Fiare leva cinco anos funcionando como banco ético ofrecendo os mesmos servizos que a banca convencional co engadido de que os seus socios coñecen e deciden que proxectos apoian cos seus cartos. Unha cooperativa financeira que se fundamenta na transparencia, todos os socios poden acceder ás contas e datos de Fiare; na democracia, os propios órganos e iniciativas que se financian son escollidos polos socios que teñen voz e voto; e na participación, porque poden participar activamente nos grupos territoriais da cooperativa.

Transparencia, democracia e participación son os principios de Fiare

Unha banca ética, que como explica Manuel Adame, do Grupo de Iniciativa Territorial Galiza Sur de Fiare, “promove o desenvolvemento da economía real e non especulativa” ofrecendo os mesmos servizos que a banca convencional como contas correntes, tarxetas de débito e crédito e depósitos de aforro, que serven para financiar proxectos do terceiro sector vinculados á inserción social e laboral de persoas, a agroecoloxía, a eficiencia enerxética, a educación e a cultura ou comercio xusto. Iniciativas galegas como a cooperativa lucense “Bico de grao”, EspazoCoop ou a asociación viguesa “O Fiadeiro”.

Proxectos financiados

O martes, 27 de Outubro, presentan este proxecto en Redondela nun coloquio chamado “Fiare Banca Ética. Aforros que constrúen sociedades máis xustas”, que se vai celebrar no Multiúsos da Xunqueira ás 20.00 horas. Non é preciso anotarse previamente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará