Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Javier Bas insta ao concello a “esgotar as vías legais” para que os redondeláns poidan acceder a PassVigo

javier bas

A sentencia emitida polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou as pretensións do concello de Redondela e Mos relacionados coa tarxeta que permite acceder a rebaixas importantes no trasporte urbano vigués. Con todo, o PP insiste en que o rexeitamento ao recurso “responde a cuestións puramente formais xa que o propio tribunal recoñece na súa resolución que establecer unha tarifa en transporte público en función do empadroamento é unha medida inxusta e ilegal”. Por este motivo instan a alcaldesa a “esgotar as vías legais para seguir defendendo os intereses dos redondeláns”.

Lembra o actual deputado e exalcalde, Javier Bas, que a sentencia que rexeita o recurso do concello de Redondela, presentado durante o seu mandato, “ampárase en cuestións puramente formais malia recoñecer o tribunal que a argumentación do concello é válida, ao valorar que establecer unha tarifa en transporte público en función do empadroamento é unha medida ilegal”.

Javier Bas valora a sentenza do TSXG

Ante esa valoración os populares animan á alcaldesa, Digna Rivas a esgotar as vías legais para seguir defendendo os intereses dos cidadáns así como que se dirixa ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, “para que evite esa discriminación que pretende de establecer tarifas diferentes en función do lugar no que están empadroadas.

Insta a Digna Rivas a esgotar as váis legais para que os veciños poidan acceder as rebaixas da Pass Vigo

Os populares critican tamén que logo de ter solicitado unha reunión urxente da xunta de portavoces para analizar, xunto ao servizo xurídicos, os seguintes pasos a dar na defensa dos intereses da cidadanía “a resposta de Rivas fora adiar esa xuntanza, sen data prevista”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará