Hoxe é Venres 20 de Novembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Saxamonde celebra San Román con música e un gran magosto

festa san román

A festa terá lugar o sábado 21 de novembro e contará con actuacións musicais, unha coral e unha gran verbena. A cita organizada polas Mozas Trouleiras de Saxamonde contará cunha gran carpa para evitar as inclemencias meteorolóxicas e inclúe tamén o tradicional magosto con reparto de castañas de balde.

Malia que a celebración propia é o día 18, as programación desenvolverase este sábado. Arrancará ás 12.00 horas, cunha misa solemne na honra do patrón, que contará co acompañamento musical da Coral Ondas do Mar de Vigo, procedente de Cesantes, e de Son do Castro.

A programación festiva terá un dos seus momentos destacados pola tarde, ás 19.00 horas, co comezo do tradicional magosto, que estará amenizado pola música dos Gaiteiros Son do Castro.

A festa prolongarase pola noite cunha gran verbena a partir das 21.00 horas. A animación musical correrá a cargo do Trío La Noche do Grove e do Trío D’Líder, que poñerán o ritmo á celebración.

Unha programación da que nos falaba Aroa Cernadas

Desde a organización anuncian tamén que haberá unha gran carpa e varias sorpresas para todas as persoas que se acheguen a Saxamonde para compartir estas xornadas festivas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará