A imaxe en branco e negro titulada “Entre brétemas” de Patricia Rivero vén de recibir o premio de mellor fotografía no certame anual que convoca o Obradoiro de estudos locais Fernando Monroy. A instantánea, que combina a néboa baixa cunha paisaxe de monte e a cúspide dunha igrexa, foi a mellor valorada polo xurado das máis de 150 imaxes presentadas. A entrega dos premios terá lugar nunha gala que se celebrará o sábado 28 de novembro no Círculo Cultural de Cesantes ás 17:30 horas.
Esta imaxe encabeza a listaxe de premios que recoñeceu como primeiro premio de adultos a imaxe presentada por Iñaki Abella Diéguez, baixo o nome “El corazón de la manada” mentres que Ángel González Vidal acadou o segundo premio da categoría con “Momento Enmarcado” e Juan José Álvarez Castro rematou terceiro con “Nalgures Onírico”.
Como novidade do certame de 2026, o Obradoiro introduciu a categoría de etnografía de Redondela, que foi a mans de Marcos Falgueras Sitja con “Hórreo”, unha imaxe deste elemento patrimonial situado na rúa dos Fumeiros, no centro da vila. Deste xeito, a organización desexa que o certame anual teña unha clara ligazón coa cultura de proximidade. O reparto de galardóns rematou coa fotografía gañadora de Unai González Ferreirós na categoría xuvenil. “Os Enamorados” foi a súa proposta.
Nesta edición, a participación situouse nos 39 participantes que é lixeiramente máis baixa que na edición de 2025, pero que segue sento ampla con máis de 150 imaxes. Iso si, a categoría de infantil (menos de 12 anos) quedou baleira e a organización xa traballa para darlle un pulo na próxima convocatoria. A nivel de calidade, o nivel das obras volveu a ser excelente.
A entrega de premios terá lugar nunha gala que se celebrará o sábado 28 de novembro no Círculo Cultural de Cesantes ás 17:30 horas á que están invitados todos os participantes. A xornada estará amenizada coa música tradicional a cargo da Agrupación O Estreito de Rande e suporá o inicio da exposición itinerante das imaxes presentadas ao concurso que pasará por diversos centros culturais de Redondela.
Resumo de cadro de gañadores.

Mellor fotografía: Patricia Rivera Comesaña por “Entre brétemas”

Primeiro premio adultos: Iñaki Abella Diéz con “El corazón de la manada”

Segundo premio adultos: Ángel González Vidal por “Momento enmarcado”

Terceiro premio adultos: Juan José Álvarez Castro con “Nalgures onírico”

Categoría etnografía: Marcos Falgujeras Sitja por “Hórreo”

Primeiro premio xuvenil: Unai González Ferreirós con “Os Enamorados”









