Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto no Conservatorio de Redondela contra o cambio climático

plastiquina

O Conservatorio Municipal de Música Victor Ureña de Redondela celebra este xoves ás 19:00 horas un concerto homenaxe a “plastiquina” unha boneca que vai rotando polos centros de música integrados na Rede Unesco. Unha iniciativa que tenta concienciar sobre a necesidade de eliminar o uso do plástico na vida dos alumnos, do centro educativo e das familias.

Durante toda a semana o alumnado do conservatorio están a realizar diferentes actividades e talleres dentro do proxecto “Desplastifícate” da rede de escolas Unesco, implicados contra o cambio climático. Pero non o fan solos, nesta ocasión están acompañados por unha boneca chamada “Plastiquina”, que vai rotando polo mundo dentro dos centros da rede unesco.

O xoves 22 as 19.00 horas realizarase un concerto homenaxe a “plastiquina”, onde se lle fará entrega de diversos agasallos realizados polos propios alumnos así como músicas compostas por eles mesmos e unha memoria dixital onde se recollerán tódalas actividades realizadas o longo da semana . A este acto está prevista a presenza da Coordinadora Estatal da rede de Escolas Unesco de España, a Coordinadora Galega da Unesco así como a Alcaldesa de Redondela e os concelleiros de Cultura e Educación.

Dentro do concerto homenaxe escoitarase a canción “Desplastifícate”, creada integramente no conservatorio e na que se aborda o problema que xeran os plásticos nos océanos por non reciclar e tratando de concienciar a mozos e familias das posibilidades de reutilización do plástico e reciclaxe do mesmo, protexendo deste  xeito o planeta. Un tema que se converterá nun “Himno Ecolóxico” o pasar por centros educativos de toda Europa e a súa chegada final a Central da Unesco en París, parada final da Boneca.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará