Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A policía auxilia un ciclista que comezou a convulsionar na estrada de Reboreda

RR_Noticias

O home José Luis M.R., de 54 anos de idade e veciño de Pazos de Borbén, baixaba en bicicleta dende este concello cara a Redondela cando por razóns que se descoñecen caeu do vehículo e comezou a convulsionar. Malia requerirse o servizo do helicóptero medicalizado, finalmente o home foi estabilizado no lugar e trasladado en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

O seu acompañante foi o encargado de alertar aos servizos de emerxencias ao redor das 20:00 horas deste martes. Ata o lugar desprazouse un vehículo da Policía Local xunto cun médico do Centro de Saúde de Redondela. Nun primeiro momento valorouse a posibilidade de trasladar a outro punto ao accidentado, xa que o helicóptero medicalizado non podía aterrar no lugar do suceso. Finalmente foi posible estabilizar o paciente e trasladalo en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro, onde quedou ingresado.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará