Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alberto Pazos (PP): “Os galegos apostaron polas forzas que defenden Galicia, o PP e o BNG”

RR_Noticias

O ata o de agora parlamentario redondelán partía non número 11 da lista do PP pola provincia de Pontevedra e a estas alturas continúa pendente do que aconteza co voto emigrante, xa que o seu escano está bailando por tan só 45 votos. Un tema que asegura non lle preocupa e en ningún caso turba a súa “satisfacción sen paliativos” pola cuarta maioría absoluta do seu grupo con Feijoo a cabeza.

Unha confianza de boa parte da poboación galega no PP que entende se debe a que “coñecen o equipo,ao seu líder e a súa xestións nos once anos de goberno e particularmente na crise da pandemia”. Un partido que di “é profundamente autonomista e institucionalista e que respecta as particularidades do noso territorio” algo que da confianza aos votantes.
Non dubida en felicitar ao BNG, engadindo que os votantes se decantaron nestes comicios por dúas forzas “unha de centro dereita e outra de esquerda que apostaron en todo momento por defender Galicia, mestres castigaron aos partidos que conforman o goberno nacional, que perdeu o 20 dos seus apoios, e que fixeron unha política de ataque constante a Galicia”.
Sobre o resultado en Redondela, onde o PP malia ser o partido máis votado perdeu 552 votos, entende que se trata dun dato moi complicado de analizar “porque non é comparable uns comicios celebrados nunha situación normal a unha campaña marcada polo coronavirus”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará