Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Jessica García (BNG): “Temos unha sensación agridoce porque o noso resultado non serviu derrotar ao PP”

RR_Noticias

A responsable de campaña en Redondela amosa a súa satisfacción por uns resultados que converteron ao BNG en segunda forza no parlamento galego, pasando de 6 a 19 representantes. Con todo, lamenta que esa alegría non supoña desaloxar a Feijoo da Xunta e amosa ea súa confianza en que o camiño iniciado agora se culmine no 2024 “con Ana Pontón como presidenta”.

Explica García que a súa formación tivo este domingo os mellores resultados da organización na súa historia algo que “responde a un traballo organizativo moi importante no que os militantes e simpatizantes estiveron moi presentes”. Entende tamén que xogou a favor “a seriedade e rigor que o BNG mantivo en todo momento nuns anos de moita inestabilidade política en Galicia”.
Outra dos seus éxitos sería ter incorporado a xente que estaba noutros espazos así como a moita xente nova “menores de 30 anos que se sumaron ao noso proxecto o que demostra que a xuventude tamén está involucrada en política e quere dar a cara”.
Satisfacción tamén polo resultado en Redondela onde lograron o sorpasso situándose por diante do PSOE e triplicando o número de votos obtidos hai catro anos “houbo mesas nas que incluso quedamos como primeira forza”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará