Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello desinfecta o exterior dos Centros de Día que hoxe retoman a súa actividade

RR_Noticias

O Concello de Redondela desenvolveu na xornada de onte os traballos de desinfección exterior nos catro centros de día que funcionan no municipio – Arela, Cesantes. Cortizos e Galeón- ante o inminente inicio da súa actividade co obxecto de “garantir, en todo momento, a seguridade sanitaria dos veciños e veciñas que utilizan estes servizos”.O Goberno local critica que a Xunta non permitira antes a apertura destes centros polos prexuízos que este atraso provocou tanto entre os usuarios como entre as familias.

Os catro centros de día do municipio reinician hoxe a súa actividade logo de estar suspendida dende o inicio do estado de alarma. Co obxecto de “salvagardar a saúde dos nosos veciños” o Goberno local procedeu a realizar a desinfección da contorna destas instalacións para garantir un acceso seguro.
Como responsable da Terceira Idade a alcaldesa, Digna Rivas  considera “incomprensible” o atraso na reapertura destes centros cos “prexuízos en deterioro cognitivo e social que iso supuxo para os usuarios e usuarias e os prexuízos que isto supuxo para as súas familias”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará