Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os escolares de Angorén contarán cun semáforo na N-552

RR_Noticias

O goberno local ven de adxudicar a obra de instalación do semáforo por un importe de 36.000 euros, con cargo ás arcas municipais. Os traballos comezarán nos vindeiros días e o sinal debería estar operativo nun prazo máximo de dous meses. Instalarase nun tramo próximo ao colexio de Angorén o que favorecerá a seguridade viaria dos escolares así como a dos veciños residentes nas inmediacións.

O actual Goberno Municipal solicitara a Fomento o correspondente permiso para instalar un semáforo coa intención de reducir o risco de accidentes nas inmediacións do acceso ao Colexio Alexandre Bóveda. Ademais do correspondente grupo semafórico, realizarase unha modificación da sinalización vertical e horizontal actual para a súa adecuación á nova situación.
Asinado xa o contrato de adxudicación á empresa constructora por un importe de 36.142,70 euros, que financiará con fondos municipais, a empresa encargada comezará os traballos nos próximos días.  A obra terá un prazo máximo de execución de 2 meses.
Esta é unha das demandas históricas da parroquia de Chapela que durante anos leva manifestado a súa preocupación pola perigosidade e a falta de seguridade vial nunha estrada de moita afluencia de tráfico como é a N-552.
No inicio do curso o alumnados do centro Alexandre Bóveda xunto con país e nais realizaran diferentes mobilizacións para demandar este semáforo, coa colocación de mochilas na beiravía da estrada.
A alcaldesa, Digna Rivas, amosou a súa satisfacción por ter conseguido a autorización do Ministerio de Transporte, Movilidad y Agenda Urbana “so uns meses despois de conseguir o gobernó, aínda que lamenta que o procedemento administrativo ordinario de contratación dilatara máis do desexado a súa instalación”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará