Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Moscoso loita contra a propagación da acacia

RR_Noticias

A Comunidade de Montes está a desenvolver un programa de erradicación desta especie invasora nos seus terreos empregando como método o secado. Un sistema lento pero eficaz que evita danar a biodiversidade da zona e os mananciais con químicos e pesticidas. O obxectivo preservar as marxes do río Barragán, un espazo de máis de cen hectáreas de bosque autóctono.

Pelar dende a base até un metro de altitude o tronco da acacia é o método que están a empregar na Comunidade de Montes de Moscoso, en Pazos de Borbén, para erradicar esta especie que se atopa dentro do Catálogo de Especies Exóticas Invasoras de España e que se caracteriza pola súa rápida propagación e agresividade. A súa expansión causa un grave impacto no chan xa que reduce a cantidade de luz que chega ao sotobosque, diminúe a cantidade de auga no chan, altera os nutrientes, acidifica o solo e diminúe a diversidade de especies autóctonas. Pero erradicala non é sinxelo xa que ao cortala volve rebrotar e por iso estanse a empregar métodos alternativos como o pelado, que xa se probou con éxito noutros lugares como Portugal e en montes das Illas Cíes ou a Guía aínda que o proceso é lento e precísase preto dun ano para que esta especie, que chegaba no século XIX como planta ornamental desde Australia, seque totalmente. En Moscoso, o primeiro foco a atallar foi unha superficie de 30 hectáreas nas marxes do río Barragán e de aí cara ao interior do monte comunal. A prioridade, explica o presidente da Comunidade, Álvaro Leiro, é eliminar a acacia da canle do río para que este non serva como propagador das sementes e logo continuar co traballo cara ao interior. Unha Comunidade que tamén está a traballar na recuperación dos camiños e corredoiras, moitos intransitables pola maleza e polo desprendemento das pedras e o abandono. No último ano recuperaron 20 quilómetros desta rede de camiños. Importantes non só polo seu valor etnográfico e para o lecer senón para pórlle freo á propagación do lume en caso de incendios. Leiro insta a particulares e comunidades de montes a seguir o exemplo xa que de nada serve ter un monte coidado e limpo se as lapas chegan das zonas limítrofes. Lembra como en 2017 cen hectáreas de monte comunal víronse arrasadas por este motivo.  

Pte. Comunidade Montes Álvaro Leiro
Traballan na erradicación da acacia unha especie invasora que se está a propagar rapidamente pola zona
Acacia especie invasora
Unha especie difícil de erradicar porén os comuneiros apostan por métodos como o secado. Eficaz pero que precisa tempo
Recuperación de camiños
20 Km de camiños e corredoiras recuperados no último ano

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará