Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Expectación en Rande por unha intervención policial

RR_Noticias

Axentes da policía Nacional arrestaban onte a unha suposta banda itinerante na rotonda de acceso á AP-9 en Rande. O operativo na glorieta detivo un vehículo nunha escena de película, cos axentes armados e cos detidos tombados no chan para evitar a súa fuxida. As investigacións continúan abertas para determinar os roubos nos que puido actuar esta banda.

A detención produciuse logo de que a suposta banda de ladróns, de nacionalidade estranxeira, se dera á fuga, polo que se puxeron en marcha vaios controis para tentar detectar o  vehículo dos sospeitosos. Un vehículo que foi detectado polos axentes na rotonda da AP-9 en Rande, lugar no que se detivo o vehículo dos sospeitosos, obrigándoos a saír do mesmo e a tirar se no chan para evitar a súa fuxida.
Unha operación que sorprendía aos condutores que circulaban pola zona como aos propios veciños e na que foron incautados diferentes obxectos, cuxa procedencia están aínda por determinar malia que se sospeita que proceden de diferentes roubos en vivendas acontecidos nas últimas semanas en Pontevedra.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará