Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A escritura expresiva, unha ferramenta terapéutica nas Bibliotecas de Redondela

RR_Noticias

Expresar as emocións e os sentimentos, trasladar o que sentimos ao papel pode ser terapéutico. Así o defende Marisé Barreiro, encargada de impartir o taller de escritura expresiva que se vai desenvolver nas bibliotecas de Redondela e Chapela. Para dar a coñecer máis polo miúdo esta ferramenta emocional, convida a todos as persoas interesadas a achegarse a unha charla que baixo o título “Escribir a vida” vai ter lugar este venres 21 ás 19:00 horas na Casa da Cultura.

Os poemas, as cartas, os relatos autobiográficos e, como non, os diarios son exemplo do que coñecemos como escritura expresiva. Unha escritura persoal onde o mundo interno do escritor é o protagonista. Diversos estudos avalan o poder deste tipo de escritura que nos serve para afrontar as dificultades e que ten un importante poder terapeutico. De todo isto falarase na charla que este venres imparte na Casa da Cultura a filóloga e docente, Marisé Barreiro. A actividade inclúe unha pequena sesión práctica que será tan só un adianto do que poderemos atopar no obradoiro que as Bibliotecas organizan na vindeiras semanas, con seis sesión de dúas horas e de carácter quincenal, que no caso de Redondela se impartirá en horario de mañá (11:00 a 13:00 horas) mentres que en Chapela se organizará en horario de tarde (de 19:00 a 21:00 horas). As sesións convidarán aos participantes a expresarse a través da escritura, a plasmar no papel o que senten e cómo o senten, os seus pensamentos, emoción e sentimentos máis profundos. Haberá tamén a posibilidade de compartir eses textos “sempre de xeito libre e cando o seu autor así o desexe” insiste Barreiro, quen engade que malia as reticencias iniciais neste tipo de grupos créase un ambiente de camadería que acaba contaxiando aos participantes. O prazo de inscrición está aberto e o obradoiro arrancará o 11 de marzo.  

Marisé Barreiro filóloga e docente
Explica que é a escritura expresiva
Charla na Casa da Cultura
Unha actividade o venres para dar a coñecer a proposta
Obradoiros
Unha actividade pautada ao tempo que libre

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará