Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os hostaleiros de Arcade inclúen no menú un “Caldo de Gloria” para celebrar o Día de Rosalía

RR_Noticias

Dez restaurantes de Arcade súmanse este luns a proposta da Concellería de Comercio para celebrar o aniversario de Rosalía de Castro cunha homenaxe nos seus menús, o coñecido “Caldo de Gloria”.A iniciativa consiste en ofertar este histórico prato cun acompañamento moi especial, os poemas de Rosalía escritos nos seus manteis e como adornos nas mesas.

A iniciativa, impulsada pola Fundación Rosalía de Castro, está inspirada no poema “Miña Casiña, meu lar” do libro Follas Novas, no que a poeta relata a épica diaria da supervivencia nunha casa de poucos recursos. Fala do “caldo de gloria”, unha receita humilde pero chea de significado social que agora serve como homenaxe á escritora máis recoñecida da literatura galega.
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, aproveitou a ocasión para agradecer aos hostaleiros a súa colaboración e aceptación da proposta ao tempo que convidou a todos os veciños a participar.
Os hostaleiros que se unen a esta celebración son os restaurantes Avenida, Bodegón, A Casa do Muelle, Beiramar, O Recreo de Arcade, Quedamos, a marisquería Arcade, a churrasquería A Muxíca, a tapería A Lareira e os bares O piñeiro e Casa Calvar. Uns establecementos que están sinalizados cun cartel nas súas portas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará