Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela abre máis de vinte expedientes sancionadores por abandono de vehículos

RR_Noticias

O Concello de Redondela vén de anunciar a apertura de máis dunha vintena de expedientes sancionadores polo abandono de vehículos en todo o termo municipal. Con esta medida, o executivo local quere poñer fin “á imaxe de descoido e deixamento” que orixina esta situación amais “do seu impacto medioambiental”. Critican dende o goberno local que o PP deixara vencer un convenio coa Deputación polo que o organismo provincial retiraba os automóbiles abandonados para a súa posterior reciclaxe.

A Policía Local e a Concellería de Medio Ambiente iniciaron a apertura de ditos expedientes para que, tras a correspondente notificación aos propietarios ou propietarias, estes procedan a súa retirada no período que se estableza.
A desidia amosada polo anterior Goberno nesta materia fai que haxa vehículos que levan máis de dous anos estacionados na vía pública, a maiores dos que se atopan inmobilizados no anexo da xefatura da Policía Local redondelá, na base de Grúas Rivera, empresa adxudicataria do servizo do guindastre municipal.
Lamenta o Goberno local que o deixamento do Goberno do PP chegara ao punto de “deixar vencer un convenio que tiñan asinado coa Deputación de Pontevedra pola que o organismo provincial, sen custe algún para os concellos, procedía á retirada dos vehículos para a súa posterior reciclaxe”. Dito convenio, “rematou sen que fora utilizado o que fala, ben as claras, do grado de desidia do anterior Goberno”, explica o Goberno local. Anuncian que o Concello sumarase a dito convenio en canto haxa unha nova convocatoria.
Dende o Concello faise un chamamento “á colaboración cidadá tanto á hora de non abandonar os vehículos coma de dar conta de casos de automóbiles abandonados” utilizando para iso ou as redes sociais do Concello, dirixíndose á Policía Local ou mediante escrito dirixido ao Concello de Redondela “para a súa posterior tramitación e inicio dos procedementos establecidos para a retirada de ditos vehículos”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará