Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un flashmob para animar o domingo de Entroido

RR_Noticias

Fin de semana de entroido con actividades para o público infantil e o tradicional desfile de comparsas que centran o groso das propostas que organizan dende o Concello e que como novidade desta edición, inclúe tamén a realización dun Flashmob o domingo 23 ás 13:00h na Alameda Castelao. Para que os participantes coñezan os pasos pódese ver un vídeo tutorial na páxina do concello con música de Shakira.

O Waka Waka que tan famoso fixera Shakira serve de banda sonora para o flashmob que este domingo se vai vivir na Alameda de Redondela. Unha actividade que busca congregar a grandes e cativos para que todos a un tempo bailen este tema tan popular. Na páxina web do concello podemos aprender os pasos grazas a un vídeo tutorial que vai explicando o baile. Unha novidade que se suma ao resto de actividades previstas. Na tarde do sábado a partir das 17:00 horas haberá obradoiros infantís de disfraces na Alameda e inchables de balde na Pista da Xunqueira. Tamén música de Paco Nogueiras co Brinca Vai! na Alameda a partir das sete. O domingo a animación musical arrancará con Cé Orquestra Pantasma ao mediodía e a continuación quenda para o baile na Alameda. De cara a tarde teremos o tradicional desfile de comparsas coa participación de 26 formacións que sairán ás seis dende o Campo da Feira ata rematar en Vilavella.  

Flashmob a ritmo de Shakira
Unha cita co entroido da que nos falaba o edil de Cultura Daniel Boullosa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará