Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Batalla de Rande e os actos en torno á Persoeira do ano en suspenso por falta de fondos en Cultura

RR_Noticias

Os votos en conta de PSOE, BNG e AER nun pleno extraordinario impiden ao goberno traspasar cartos doutras partidas á Concellería de Cultura. Asegura o alcalde Javier Bas que isto supón un boicot a este departamento e impide a celebración de actividades tales como a Batalla de Rande, actos en torno á Persoeira do Ano Paulina Sánchez ou a organización da Gala do Deporte.

O Goberno de Javier Bas volveu a levar a pleno a transferencia de fondos que xa presentara o pasado mes e que consistía en volver dar crédito á partida de cultura minguada pola firma dos convenios dotados con 135.000 euros. Segundo explica “ao ter orzamentos prorrogados, os convenios non teñen partida propia polo que, atendendo a criterios exclusivamente técnicos, consumen os cartos da bolsa na que se atopa, entre outras, cultura”.
No pleno de onte a proposta do PP contemplaba “repoñer eses cartos para poder continuar coa normal xestión e programación de áreas tan importantes como cultura, deportes, ensino ou normalización lingüística que comparten vinculación orzamentaria”.
Unha proposta que malia “contar con todos os informes técnicos favorables e que consistía en traspasar fondos de partidas que non se ían gastar a cultura” non saíu adiante ao votar en contra os grupos da oposición.
Para o goberno local a posición “nun intento de paralizar ao goberno, está a prexudicar aos cidadáns do concello. Prexudican a eses veciños que están implicados na organización da Festa de conmemoración da Batalla de Rande, aos veciños que queren gozar dos actos organizados en homenaxe á persoeira do ano Paulina Sánchez ou en eventos deportivos como a Carreira de Nadal ou a celebración da Gala do Deporte…”.
Aseguran ademais que “a proposta alternativa da oposición era irregular e era rexeitada de forma tallante polos servizos técnicos” engade Javier Bas quen conclúe afirmando que “con este tipo de decisións, a oposición demostra que o único que lles interesa é facer política e intentar paralizar ao goberno pero non se dan conta que a quen realmente están a prexudicar é aos veciños”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará