Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco busca saír dos últimos postos da clasificación ante o Negreira

RR_Noticias

Os xogadores de Marcos Montes viaxan este xoves á Coruña para enfrontarse ao Negreira. Os locais tentarán sumar os tres puntos desta xornada e consolidarse na metade da táboa fóra dos postos de descenso fronte ao penúltimo do grupo. O filial tamén xogará este xoves, recibe en Santa Mariña ao Teis co obxectivo de reafirmar o seu liderado.

Mañá o grupo senior do Choco disputa o partido adiantado desta xornada. Os redondeláns chegarán logo da vitoria en Santa Mariña fronte ao Ourense por dous a un, o que os sitúa na décimo sexta posición con oito punto. Malia os tres puntos do domingo, dende a dirección do club apuntan que o conxunto non debe confiarse xa que a liga está a ser moi competitiva e todos os conxuntos teñen un equipo moi forte. O partido disputarase ás 17,00 horas no campo Jesús García Calvo. Mentres, o filial do Choco tentará consolidarse como líder e incrementar a diferenza co Tedra, Tyde e Castelo, os seus competidores na parte alta da táboa e dos que só os distancia dous puntos. Este xoves reciben en Santa Mariña ao Teis, décimo primeiro do grupo e que vén de perder fronte ao Castrelos. Crespo destaca o bo comezo de liga que está a facer o filial pero advirte que queda moito por diante e os xogadores non deben confiarse. Os xogadores saltarán ao terreo de xogo este xoves, 12 de outubro, ás 17.30 horas.  

Negreira-Choco
O presidente do Club Iván Crespo confía en sumar tres puntos esta xornada malia a que está a ser unha liga moi igualada.
Choco B – Teis
Crespo subliña o bo comezo de liga do filial pero advirte que os xogadores non se deben confiar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará