Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Papá Noel visita as parroquias

papa noel parroquias

O entrañable personaxe do Nadal inicia esta tarde o seu percorrido polas parroquias de Redondela con visita a centros culturais para repartir caramelos entre os máis cativos. A primeira das cita será hoxe mesmo cunha primeira parada no campo de San Pedro en Cesantes de 16:00 a 16:30 e posterior visita ao Centro Cultural da Parroquia prevista para as 16:45. Media hora despois sairá cara ao Centro Cultural de Soutoxuste onde estará a disposición de cativos e cativas dende as 17:30 ata as 18:00 horas. Visitará tamén o Centro Cultural de Saramagoso en horario de 18:15 a 18:45, e achegarase ao Centro Cultural de Ventosela de 19:15 A 19:45. Pechará a xornada no cruce da Igrexa de Ventosela de 20:00 a 20:30 horas.
O mércores día 20 o periplo de Papá Noel vaino levar ata o centro cultural de Reboreda, ao torreiro da Igrexa en Quintela, á antiga escola de Saxamonde para pechar a xornada na rúa Alfonso XII e na praza da Constitución.


Papá Noel en Redondela e Chapela
Por outra banda, a Casa de Papá Noel xa ten as súas portas abertas para que nenos e nenas se acheguen á Alameda de Castelao, onde poderán conversar con el e facerlle as súas peticións para estas datas. Ata o día 23 de decembro estará todas as tardes, de 17 a 19:30 horas. O día 24 de decembro o horario será de mañá, de 11 h a 14 horas. Papá Noel tamén recibirá á rapazada en Chapela, na alameda Rosalía de Castro os días 22 e 23 de decembro de 17.00 a 19.30 horas e o día 24 de 11.00 a 14.00 horas.
Obra de teatro co Apalpador
Por primeira vez tamén chegará desde as montañas o Apalpador, figura lendaria da tradición de Nadal galega que visitará aos nenos e nenas de Redondela, será o día 23 de decembro ás 18.00 horas na praza do Concello. Trátase dun espectáculo teatral dunha hora de duración con xogos interactivos onde se inclúe un “cásting” no que o Apalpador busca axudantes para apañar castañas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará