Hoxe é Domingo 28 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ferido un peón tras ser atropelado na Avenida de Redondela en Chapela

poli

O accidente que se producía contra as dúas do mediodía de onte deixou importantes retencións no tráfico. A vítima, un home de 40 anos de idade foi trasladado ao hospital vigués de Fátima tras ser alcanzado por un motorista que tamén resultou ferido leve.

A motocicleta circulaba dende Vigo a Redondela e colidiu contra o peón que estaba atravesando a calzada por unha zona que carecía de paso de peóns á altura do Centro de Saúde da parroquia. O sinistro mobilizou á Policía Local, Garda Civil e Urxencias sanitarias, sendo as dúas persoas implicadas no accidente trasladadas a un centro hospitalario para a súa mellor valoración.

Investigados na fin de semana

Pot outra banda, na madrugada do sábado Axentes da Policía Local procederon a investigar un veciño de Soutomaior por un presunto delito contra a seguridade viaria, logo de que unha patrulla lle dese o alto tras observar unha condución errática do vehículo polo Casco urbano de Redondela. O condutor foi sometido as probas de alcoholemia deixando un resultado positivo 0,74 polo que foi citado para xuízo rápido por un presunto delito contra a seguridade viaria.

Tamén a primeira hora da noite do sábado, axentes da Policía Local procederon a sancionar un veciño de Redondela por falta de respecto e consideración aos axentes, cando circulaban co vehículo policial e se dirixiu aos mesmos de xeito despectivo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará