Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela formará ao persoal da hostalaría para previr e actuar ante as agresións sexuais

ocion nocturno

As xornadas, impartidas pola educadora social Lucia Pereda, teñen unha duración de tres horas e contarán cunha parte teórica e outra práctica. Desenvolveranse nas oficinas de Turismo o martes 19 en horario de 10:00 a 13:00 e o xoves 21 en horario de tarde de 17:00 a 21:00 horas. A inscrición debe formalizarse a través do enderezo Igualdade@redondela.gal.

A concellería de Igualdade pon en marcha o programa “Fóra agresións” no que se ofrece formación para a prevención, detección e acompañamento nas violencias sexuais nos locais de lecer nocturno con obxecto de “formar e sensibilizar ás persoas propietarias e traballadoras nos locais de lecer sobre a importancia da prevención de agresións sexuais no ambiente nocturno e darlles as ferramentas para identificar situacións de risco, previr e abordar agresións sexuais e apoiar ás vítimas”.

A concelleira Iria Vilaboa afirma que esta formación é moi necesaria xa que “a violencia sexista ten moitas formas e maniféstase en moitos espazos e os locais de lecer e festa tamén poden ser escenario de agresións sexistas de diversa gravidade”. Ao finalizar a formación, entregarase a cada participante un diploma acreditativo e un distintivo para cada negocio que poderán colocar nun lugar visible do establecemento.

Iria Vilaboa, Concelleira de Igualdade

Lucía Pereda, educadora social e axente de igualdade encargada de impartir este programa sinala que en ocasións “prodúcense actitudes e condutas que, desde a desigualdade, poden chegar á ofensa, a intimidación, o abuso ou a agresión” e advirte que “a tolerancia e normalización deste tipo de ataques son as bases sobre as que se dan as situacións de violencia sexual”.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, afirma que “o compromiso do Concello coa prevención e erradicación dos comportamentos machistas é todos os días do ano” e agora queremos contar “coa implicación e colaboración dos e das profesionais que traballan en espazos de lecer, para que a súa resposta de rexeitamento ante este tipo de actitudes sirva para previr e eliminar comportamentos sexistas, así como para apoiar e dar respaldo ás persoas agredidas, camiñando cara á construción de espazos de lecer seguros”.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará