Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Malestar veciñal polo atraso no inicio das obras na estrada Amoedo-Os Valos

accidente

A plataforma pola mellora da EP2702 amosa o seu malestar porque non se dean iniciado as obras de mellora nesta estrada cando “o anterior goberno provincial asegurara que comezarían os traballos á volta do verán ao estaren completos os trámites para o tramo 4”. Solicitan reunirse co Concello e Deputación para coñecer as intencións dos novos gobernos.
A Plataforma lembra que esta vía soporta un elevado tráfico pesado con destino ao polígono industrial de Amoedo así como de veciños e veciñas da zona que se desprazan por esta estrada que “se atopa en pésimas condicións supoñendo un perigo para vehículos e peóns”. De feito, este mesmo xoves producíase un accidente cunha persoa que tivo que ser rescada.
Logo de meses de mobilización veciñal o Concello de Pazos de Borbén puxo a disposición da Deputación de Pontevedra os terreos precisos para as obras de mellora dun dos tramos. O anterior goberno provincial asegurara que, cumprido este trámite, a volta do verán poderían comezar estas obras que xa contaban con proxecto e financiamento.
Superado amplamente ese prazo a Plataforma ven de solicitar sendas reunións con Concello e Deputación para pedir explicacións por este atraso e solicitar o inicio inmediato das obras. “Pódese comprender que un cambio de goberno provoque un lixeiro atraso, pero o perigo que supón o estado desta vía non admite máis demoras”, afirman fontes do movemento veciñal que lamentan que “nestes últimos meses temos tido saídas de vía de vehículos pesados, pequenos accidentes, o último onte mesmo… pero un día vai pasar algo máis gordo”.
A Plataforma espera ser recibida polas administracións no prazo máis breve posible para abordar este problema. No caso de que non se lle dea unha resposta satisfactoria aseguran que volverán ás mobilizacións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará