Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rolan: “Os xogadores do Redondela FS destacan pola boa disposición e espírito competitivo”

370319647_814979566984341_9145648218448372927_n

O equipo sénior do Redondela FS atópase de oitavo clasificado en preferente, empatados co Poio a 18 puntos e a moi pouca distancia dos primeiros da táboa clasificatoria. Esta tempada, suspendéronse moitos partidos por mor da choiva e será nas seguintes xornadas onde se desmarquen os equipos que se atopan nos 9 primeiros postos para chegar a fase de ascenso.

O obxectivo, segundo o adestrador, Juan Carlos Rodríguez “Rolan” é “seguir competindo e buscar bos resultados nos partidos que quedan que serán claves para posicionarse nos primeiros postos, xa que hai moi pouca diferenza de puntos entre os postos de cabeza”. A posibilidade de ascenso aínda está no aire, pero Rolan salienta a “boa disposición e espírito competitivo dos xogadores”.

O último partido foi contra o Leis Pontevedra FS cun marcador final de 3 fronte a 4, a favor dos rivais pontevedreses. O adestrador lamenta a primeira parte na que di “comezamos moi frouxos”, chegaron ao descanso perdendo 2-4 e unha vez comezada a segunda metade puideron facer presión e conseguir arrincar un gol máis, pero sen chegar á ansiada vitoria.

A liga está moi igualada con 9 equipos cunha diferencia mínima de puntos. O motivo é a falta de posibilidades de xogo. Suspendéronse moitos partidos por mor do mal tempo e aínda quedan equipos con desvantaxe porcentual na clasificatoria, incluido o equipo redondelán.

O redondela FS ten unha plantilla de 15 xogadores, dos que saen ao campo 11 en cada partido. Isto acentúa a competitividade entre eles algo que para Rolan “é unha vantaxe xa que demostra as ganas de xogar e a boa disposición nos adestramentos por parte de todos os compoñentes”.

O club fai un chamamento para captar novos patrocinadores pola subida dos arbitraxes, as inscricións e as fichas. Contan con un mínimo de dous equipos en cada categoría, dende benxamín ata sénior e cun nivel grande de afiliados que esperan poida reflexarse nos recursos necesarios para sacar adiante a sociedade.

Na próxima xornada xogarán no campo do Marín, o líder da categoría. Un partido que vaticinan será complicado. Os marinenses demostraron superioridade durante toda a tempada acumulando 8 goles e 26 puntos ata o de agora.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará